Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1997 para a construcción e explotación en réxime de concesión do recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela.

Obxecto: e a xestión, en réxime de concesión administrativa, do recinto feiral do mercado do gando de Santiago de Compostela.

O adxudicatario asumirá os custos de redacción do proxecto, dirección técnica e execución de obras complementarias, por un importe de execución material de 316.306.390 ptas. Igualmente asumirá o pagamento ó concello de 60 millóns de pesetas con destino ó aboamento dos xuros de demora a Mercado UTE.

Duración do contrato: obras, 3 meses; concesión, 25 años, prorrogables por anualidades ata un máximo de 75 años.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo completo, categoría f. Grupo I, subgrupo 6, categoría e. Grupo I, subgrupo 8, categoría b. Grupo J, subgrupo 2, categoría e. Grupo K, subgrupo 9, categoría c.

Forma de adxudicación: adxudicarase mediante concurso por procedemento aberto.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello das 9

ás 14 horas dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Canón de explotación: 8.000.000 de ptas. ó ano, como mínimo.

Garantía provisional: 6.326.128 ptas.

Criterios de adxudicación: son os que a continuación se enumeran por orde decrecente de importancia na súa valoración.

-Mellor proxecto de explotación: ata 10 puntos.

Valorarase a viabilidade económico-financeira do plan de actividade proposto, ponderado factores tales como previsións de ingresos-gastos, tarifas que se vaian aplicar, experiencia na prestación de servicios similares. Así mesmo valorarase a oferta da empresa de absorción dos xuros que pola construcción do recinto o concello debe á empresa constructora (Mercado UTE) que non excederan de 20 millóns de pesetas.

-Especialización e experiencia na prestación de servicios de características análogas: ata 7 puntos.

-Mellor oferta económica: ata 4 puntos.

Valorarase no só o canon ofertado, senón o dereito preferente de uso das instalacións tarifas de alugueiro de locais e servicios complementarios, medios materiais e humanos adscritos ó servicio.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar en acto público que se celebrará na Casa do Concello (secretaría) ás 12 do quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Garantía definitiva: 15.000.0000 de ptas. para a explotación do servicio. Pola obra será do 4% do orzamento.

Modelo de proposición:

D./Dª... con domicilio en..., con DNI nº... actuando en nome propio ou en representación de... con domicilio en..., toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a xestión do recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela, e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas e que se compromete a realiza-lo referido traballo de acordo co devandito prego ofrecendo o canon anual de... ptas.

O/A licitador/a

No presente contrato enténdese que os contratistas ó formularen as súas propostas económicas incluíron o importe do IVE.

Prego e documentación: poderán ser consultados no seguinte enderezo: Concello de Santiago de Compostela. Sección Servicios-Contratación. Praza do Obradoiro, s/n. Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono (981) 54 23 24.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1997.

O alcalde

Rubricado