Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/135-2-4616 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Título: desvío instalacións eléctricas na autovía do norte.

Situación: Baralla-Becerreá.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en Neira de Rei, cunha lonxitude de 106 metros, con conductor LA-56. L.M.T. Baralla-Becerreá, cunha lonxitude de 64 metros, con conductor LA-110/116 Al. Liñas de baixa tensión en

conductor R.Z.-95-50-25, nos lugares de Aproxo, S. Miguel, Lagúa, e desvío de S. Miguel, para realizar desvío das instalacións eléctricas na autovía do Noroeste, nos cocnellos de Baralla e Becerreá.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 25 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1891