Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Sariña-Bacelares.
Situación: Chantada.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 244 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95 mm, cunha lonxitude de 120 metros, para mellora do servicio eléctrico na Sariña e Bacelares, concello de Chantada.
Orzamento: 3.220.713 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 24 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1282