Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/15-2-4685 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: R.B.T. Barreiro, Tabernas e Eirexe.

Situación: Taboada.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al e R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al, cunha lonxitude de 526 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Barreiro, Tabernas e Eirexe, concello de Taboada.

Orzamento: 1.579.099 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 24 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1897