Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 01 de abril de 1997 Páx. 2.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/13-2-4680 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: R.B.T. en Asteire e Gradín.

Situación: Láncara.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al e R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al, cunha lonxitude de 667 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Asteire e Gradín, concello de Láncara.

Orzamento: 1.472.221 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 23 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1895