Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Obra (Vila de Cruces-Pontevedra).

Pónse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Obra (Vila de Cruces-Pontevedra) que, co obxecto de que tomen posesión provisional delas, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, e fíxase como data límite, para a dita toma de posesión, o 15 de abril 1997, a falta de acordo do propietario delas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 16 de abril 1997, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Pontevedra, 25 de febreiro de 1997.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

1931