Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A. con dirección en Avda. de la Buhaira, 2, de Sevilla para autorización administrativa do parque eólico de Corme G-3, e con base nos seguintes datos:

-Municipios afectados: Ponteceso.

-Superficie afectada e coordenadas: 917 ha.

V1 (0,501.330 W, 4.791.720 N), V2 (0,502.380 W, 4.792.730 N)

V3 (0,503.700 W, 4.793.350 N), V4 (0,505.400 W, 4.792.820 N)

V5 (0,506.550 W, 4.791.930 N), V6 (0,505.500 W, 4.791.110 N)

V7 (0,502.000 W, 4.790.500 N).

-Potencia que se vai instalar: 21 MW.

Durante o prazo de trinta días, poderán presentarse solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071-A Coruña.

A Coruña, 12 de marzo de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1929