Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/377-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Mourente-Campañó.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: Tramo I-L.M.T., aérea Monteporreiro-Cendona, a 20 kV, de 1.906 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Mourente-Monteporreiro, rematando nas inmedicacións do C.T. Cendona. Tramo II-L.M.T., soterrada, Mourente-Monteporreiro, a 20 kV, de 1.460 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación de Mourente rematando en Monteporreiro, onde comeza a liña do tramo I. Concello de Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 18 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1686