Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se notifican liquidacións practicadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ó contribuínte Recreativos Silma, S.L., polos conceptos que se indican.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles por medio desta publicación ós contribuíntes dos que se indican datos e último domicilio coñecido, xa que a notificación polos medios habituais non puido practicarse.

Os acordos de liquidación foron dictados polo xefe do Servicio de Xestión Tributaria desta delegación de acordo co establecido na nova redación do artigo 61.3 da Lei 25/1995.

Prazos para efectua-lo ingreso: Art. 20 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro.

-Os notificados entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data desta publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

-Os notificados entre os días 16 e último de cada mes, desde a data desta publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

As débedas non ingresadas en período voluntario faranse efectivas por vía de constriximento.

Modo de ingreso:

1. Na Caixa desta Delegación de Economía e Facenda, rúa Michelena, 30, Pontevedra, en metálico ou cheque conformado.

2. A través de bancos e caixas de aforro, mediante o impreso de obriga de aboamento.

Recursos: contra estas liquidacións cabe interpoñer recurso de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación, sita na rúa Michelena, 30, Pontevedra, ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Secretaría Delegada de Pontevedra, praza de Ourense, 2, Pontevedra), ámbolos dous no prazo de 15 días, sen que poidan simultanearse.

A interposición do recurso ou da reclamación non suspende a obriga de efectua-lo ingreso.

Concepto: ingreso da taxa fiscal fóra de prazo.

Contribuínte: Recreativos Silma, S.L.

NIF: B-15102890.

Último domicilio: Avda. dos Mallos, 108, A Coruña.

Prazo

Nº Aut. Explot.

Nº Autoliquidac.

Ingresado

Recargo

Total que hai

que ingresar

3º Trim./95GA O03217045300226106110.1865% 5.510
1º prazo/95GA O03767045300212502110.18610%11.019
3º prazo/95GA O03767045300226105110.18610%11.019

Pontevedra, 24 de febreiro de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

1820