Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de recursos e aumentos de base impoñible dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (expediente 918/1993 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles por medio desta publicación ós contribuíntes dos que se indican datos e último enderezo coñecido, xa que a notificación polos medios habituais non puido practicarse, referidas todas elas a expedientes incursos no artigo 14.7 do texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídico documentados, do 24 de setembro de 1993 (antiga disposición adicional 4ª da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos).

Contra estas resolucións cabe interpoñer recurso de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación, sita na rúa Michelena, 30, Pontevedra ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Pontevedra, praza de Ourense, 2, ámbolos dous no prazo de 15 días, sen que poidan simultanearse. Poderá solicitarse tamén taxación pericial contradictoria no mesmo prazo.

No caso de resolución de recurso só se poderá interpoñer reclamación económico-administrativa e sempre deberá comunicarse a esta delegación a interposición.

ConceptoImpostoNº Expte.Base Imp.ContribuínteDNIEnderezo

Aumento base Impoñ.Transmis. 918/93 (A)10.000.000Rodríguez Rodríguez, Leopoldo34544246r/ Torrecedeira, 52, Vigo
Aumento base Impoñ.Transmis. 4034/94 (A)26.640.748Serv. Inmob. del Morrazo, S.L.B36210136r/ E. Rubido, 221, Moaña
Aumento base Impoñ.Transmis. 4034/94 (T)26.640.748Parada Quiemaño, M. Carmen35266653r/ E. Rubido, 221, Moaña
Aumento base Impoñ.Transmis. 9461/64 (A)13.082.500Rodríguez Álvarez, José34117539r/ Pi y Margall, 137, Vigo
Aumento base Impoñ.Transmis.11614/94 (T)26.164.224Penas Gómez, Alfonso35148673Lg. Negreiros-Silleda
Desestimación recursoTransmis. 5951/95 (A)10.968.100Granitos del Morrazo, S.L.B36064160Lg. Alto da Portela-Cangas

Pontevedra, 24 de febreiro de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

1818