Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.787

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 18 de marzo de 1997 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Convocada, pola Orde do 24 de xaneiro de 1997 (DOG nº 26, do 7 de febreiro de 1997), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 24 de xaneiro de 1997 (DOG nº 26, do 7 de febreiro de 1997).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Rego Varela, Ramón.

N.R.P.: 3385198457 A2060

Grupo: A

Nivel C.D.: 28

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Administración e Xestión Económica.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Localidad: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Sánchez Corral, Pedro José.

N.R.P.: 3331088457 A2060

Grupo: A

Nivel C.D.: 28

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Prestacións.

Dependencia: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: Lugo.

2238