Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 1997 Páx. 2.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997 pola que se anuncia -trámite de urxencia- a licitación da poxa polo procedemento aberto das obras de clave RC/PO/97.4e dúas máis.

A) Obras.

1. Conservación de estradas na zona 2, provincia de Pontevedra.

Clave: RC/PO/97.4

Orzamento: cincuenta millóns oitocentas corenta e dúas mil seiscentas trinta e nove pesetas (50.842.639).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 1.016.853.

2. Conservación de estradas na zona 3, provincia de Pontevedra.

Clave: RC/PO/97.3

Orzamento: trinta e oito millóns cento oitenta mil setecentas trinta e cinco pesetas (38.180.735).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 763.615.

3. Conservación de estradas na zona 4, provincia de Pontevedra.

Clave: RC/PO/97.2

Orzamento: corenta e tres millóns trescentas cincuenta e catro mil novecentas trinta e cinco pesetas (43.354.935).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 867.099.

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1834