Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 1997 Páx. 2.705

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de marzo de 1997 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 19 de decembro de 1996 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 1997), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e

en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 19 de decembro de 1996 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 1997).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: López Asorey, Rodrigo.

N.R.P.: 7680249135 A2051.

Grupo: B.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: xestión.

Posto de traballo: Servicio de Persoal de Servicios Sociais.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Localidade: Santiago de Compostela.

2054