Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997 pola que se anuncia o concurso público 2/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de comedor no pavillón de estudiantes do campus de Elviña (expediente 4004/1997).

Convócase concurso público polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de comedor pavillón de estudiantes no campus de Elviña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Canon: dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.)

Garantía definitiva: oitenta mil pesetas (80.000 ptas.

A Coruña, 11 de marzo de 1997.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

2160