Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/16-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace canteiras do Porriño.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 1.488 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o penúltimo apoio da L.M.T. ó C.T. Graniblock rematando no apoio de entronque da L.M.T. ó C.T. canteiras Lemos, desde o apoio metálico s/n da L.M.T. 13.10 Atios-Tui, rematando no apoio 13, seguinte a derivación do C.T. formigóns P. desde o penúltimo apoio da L.M.T. ó C.T. M. Vázquez finalizando no apoio

metálico existente da derivación o C.T. canteiras Miño. Concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1865