Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997 pola que se convoca a contratación, en réxime de concesión, mediante concurso aberto e con trámite de urxencia, dos servicios de cafetería e comedor dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, situados en San Caetano, Santiago de Compostela.

Obxecto: contratación dos servicios de cafetería e comedor no local destinado para o efecto no edificio posterior esquerdo do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 1.000.000 de pesetas.

Fianza definitiva: 2.000.000 de pesetas.

Garantía complementaria: 5.000.000 de pesetas.

Modelo de proposición: o que figura no anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 8 de abril de 1997.

No exterior do sobre expresarase o seguinte texto: proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de cafetería e comedor nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela), que presenta Don/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa).

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 10 de abril de 1997.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

1829