Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.650

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (393/1983-G).

Lorenza Fernández Calaza, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo de faltas número 393/1989, nos que recaeu sentencia en grao de apelación, cun encabezamento e parte dispositiva que di así:

«A Coruña, trinta de xullo de mil novecentos noventa e seis. José Luis Seoane Spiegelberg, maxistrado, como tribunal unipersoal da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou sentencia no recurso de apelación interposto contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en xuízo de faltas número 393/1989, seguido por falta de danos en accidente de tráfico, no que figuran como apelantes Evencio García Blasco e Consorcio de Compensación de Seguros e, como apelados, José Ramón Castro Viaño, Esteban Piecho Fernández, Carlos Daniel Cenalmor Palanca, Juan Gaisse Fariña, Pablo Pérez Moledo, Talleres Seat de Padrón, UAP y La Estrella. Tamén foi parte o ministerio fiscal.

Decido que, con desestimación do recurso de apelación interposto por Evencio García Blasco, debo confirmar e confirmo a sentencia contra a que se recorreu, dictada polo Xulgado de Instrucción de Padrón, todo isto sen se devengaren custas na alzada.

Con estimación do recurso de apelación formulado polo Consorcio de Compensación de Seguros, debo absolver e absolvo o dito organismo público da acción civil formulada contra el».

E para a súa publicidade e que lles sirva de notificación a Pablo Pérez Moledo e a Esteban Piecho Fernández, ambos en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Padrón o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1660