Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 1997 Páx. 2.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997 pola que se inscribe a Asociación Amigos del Camino de Santiago San Macario no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Amigos del Camino de Santiago San Macario, do 25 de febreiro de 1997.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Amigos del Camino de Santiago San Macario quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 071.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

97-2078