Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.611

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública da propiedade do Estado-Ramo de Defensa nomeada Residencia de Oficiales e Suboficiales de Lugo.

Situada na rúa Mallorca, número 16, da cidade de Lugo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de lugo, tomo 650, libro 256, folio 231, predio 18.352, inscrición 1ª.

Superficie segundo rexistro 715,75 m, superficie construída 1.180 m. Solo urbano.

Cantidade tipo para a poxa: 91.200.000 ptas.

Foi declarada a súa desafectación, alleabilidade e posta ó dispor da Xerencia de Infraestructuras da Defensa na data 11 de xullo de 1996.

Características físicas, urbanísticas e usos: as que figuran nos pregos que rexen para a poxa.

O acto de poxa celebrarase perante a mesa constituída para o efecto na Xerencia de Infraestructura

da Defensa, rúa Princesa, 32, Madrid, o día 24 de abril de 1997, a partir das 11 horas.

Información e pregos de condicións: na Xerencia de Infraestructura da Defensa, rúa Princesa, 32, Madrid, teléfono (91) 5 42 08 09, nas oficinas da delegación da Gindef na Coruña, rúa Costa da Palloza, 1,2ª, local 7, teléfono (981) 12 23 18 e na Delegación de Defensa en Lugo, rúa San Fernando, s/n, en horario de oficinas.

Madrid, 10 de marzo de 1997.

Jesús Melgar Fernández

Xeneral director-xerente

2082