Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CÉDULA do 14 de marzo de 1997, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, de notificación de determinado trámite administrativo que hai que realizar no expediente hidráulico DH.A15.1193 - (13.101.5), devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

Por medio desta cédula notifícaselle á persoa xurídica cos datos persoais do seu representante e último enderezo social coñecido que se sinala no anexo que, en relación coa súa petición de concesión de aproveitamento hidroeléctrico dun tramo de leito

público de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Eume, do expediente que se tramita neste organismo autónomo Augas de Galicia coa clave mencionada, presentada no rexistro desta Administración polo seu representante, o seguinte:

Primeiro.-Que, examinada a documentación achegada coa súa solicitude, e dado que esta resulta insuficiente, é requirido para que no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, achegue os documentos que se relacionan no anexo e que son necesarios para a tramitación da petición no Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do organismo Augas de Galicia (Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela).

Segundo.-Así mesmo, e de conformidade co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicáselle que, se non acompaña os documentos requiridos no dito prazo, será tido por desistido da súa petición, arquivándose esta sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42.1º da devandita lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ó dito interesado, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1997.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico Augas de Galicia

ANEXO

Nº de expediente: DH.A15.1193 (13.101.5).

Interesado: Ceyd Técnica, S.A.

Representante: José Manuel Pisa Menéndez con DNI: 10.591.121.

Enderezo social: r/ Covadonga nº 5-1ºB, 33002 Oviedo.

Documentación requirida:

* Escrito da solicitude de autorización de instalacións electromecánicas dirixida á Consellería de Industria e Comercio.

* Proxecto de execución de obras do aproveitamento: cinco (5) exemplares. Un deles en cumprimento do artigo 2.1º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199 do 15 de outubro).

* Proxecto de instalacións electromecánicas: catro (4) copias. Unha delas en aplicación do artigo citado no apartado anterior.

* Estudio de efectos ambientais: sete (7) exemplares e engadindo un máis por cada concello afectado polos proxectos. Tales estudios esíxense de acordo co Decreto 327/1991 e a súa redacción axustarase ó contido establecido no seu artigo 2.2º.

2083