Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 1997 Páx. 2.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, para a contratación pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dun servicio para a centralización e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (C-90/97).

Obxecto e orzamento: contratación do servicio para a centralización e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, por un importe máximo de 17.402.200 ptas. (IVE incluido).

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificaciones do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación económica: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: o 20% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro), a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

2077