Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 1997 Páx. 2.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 3/1997, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade para este hospital.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111 do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca O seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: servicio de vixilancia e seguridade para o C.H. Provincial-Rebullón.

Orzamento: 30.000.000 de ptas. (trinta millons de pesetas).

Prazo de execución:

O comprendido desde a sinatura do contrato, trala adxudicación, ata o 31 de decembo de 1997; poderase prorrogar por mutuo acordo das partes.

Forma de adxudicación:

Procedemento aberto por medio de concurso público nº 3/1997.

Admisión de variantes:

Non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Solvencia técnica:

Acreditarase polos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995 de contratos da Administración pública.

Fianza provisional:

Dispénsase da súa presentación.

Clasificacion esixida:

Grupo 3, subgrupo 2, categoría B.

Criterios de adxudicación:

Nº orde Criterio de adxudicación Ponderación

1 Prezo e desagregación de custos 30%.

2 Sistema de seguridade e control 30%

3 Centro de control en Pontevedra 20%

4 Medios técnicos de mellora 20%

Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tlno. (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións:

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 6 de marzo de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director Xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón