Ós efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, Apdo. 36280 Vigo.
Denominación: L.M.T. a canteiras de Monte Faro-Entienza.
Situación: Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 395 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. existente ó C.T. Entienza-II rematando nas canteiras de Monte Faro, concello de Salceda de Caselas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1716