Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de febreiro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Ostreira número 6, a favor de Laura Pérez Outón e Manuel Santiago Formoso Moledo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993 de 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 de 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Ostreira nº 6.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros A, cuadrícula 12.

Data da concesión: 29-6-1971.

Data de finalización da última prórroga: 29-6-2001.

Anterior concesionario: Virginia, Joaquín Manuel, Mª del Carmen, Mónica e Juan Carlos Sendón Rama.

Novo titular da concesión e batea: Laura Pérez Outón e Manuel Santiago Formoso Moledo.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 26 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado Territorial da Coruña

1781