Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso para a redacción das directrices de ordenación do territorio de Galicia (información e diagnóstico).

1. Nome, organismo da entidade adxudicadora e dependencia que tramita o expediente.

a) Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

c) Nº do expediente: 97.01. ESUR.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para a redacción das directrices de ordenación do territorio de Galicia (información e diagnóstico).

b) Comunidade Autónoma de Galicia (España).

c) Prazo de execución: once (11) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma do contrato obxecto de licitación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O importe total de licitación ascende á cantidade de sesenta e cinco millóns (65.000.000) de pesetas.

5. Garantías esixidas.

a) Provisional: un millón trescentas mil (1.300.000) pesetas, (ver apartado H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

b) Definitiva: dous millóns seiscentas mil (2.600.000) pesetas.

6. Nome, enderezo para a solicitude de documentación e información.

a) Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo (CPTOPV).

b) Edificios administrativos San Caetano.

c) 15704 Santiago de Compostela, A Coruña (España).

d) Teléfono: (981) 54 43 71.

e) Telefax: (981) 54 43 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o período de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos que debe reuni-lo contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación de ofertas: dous (2) de maio de 1997.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen para a contratación da asistencia técnica obxecto da licitación.

c) Lugar de presentación de ofertas: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña (España).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas: lugar, data e hora de apertura da oferta.

a) Sede da CPTOPV.

b) Edificios administrativos de San Caetano.

c) Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: oito de maio de mil novecentos noventa e sete.

e) Ás 10 horas.

10. Información complementaria.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas.

Día 10 de marzo de 1997.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2003