Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.429

V.7. a) Muflón macho de 2 anos. 120.000 ptas./unidade.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 50/1997, do 26 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: 1 RVL 96. Ribadeo, E.P. de Ribadeo a Vilela, alargamento e mellora desde o p.k. 1,400 ó p.k. 4,000.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 24 de xuño de 1996, acordou aproba-lo proxecto de 1 RBL 96 Ribadeo, E.P. de Ribadeo á Vilela, alargamento e mellora p.k. 1,400 ó p.k. 4,000 e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 21 de outubro de 1996 baixo o número 10627.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitíu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 17 de outubro de 1996, nº 10482.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque se trata dunha obra que figura no programa sectorial de mellora de rede viaria local cofinanciado con fondos estatais e con prazo de execución inexo

rable, e cunha motivación socioeconómica que motiva este procedemento, ó incidir na notable mellora das comunicacións intermunicipais desta provincia; de aplicarse o trámite normal, a obra non se podería realizar dentro dos prazos de execución proxectados, e poderían perderse as subvencións estatais ou comunitarias destinadas á súa execución.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 1 RVL 96 Ribadeo, E.P. de Ribadeo a Vilela, alargamento e mellora p.k. 1,400 ó p.k. 4,000.

Santiago de Compostela, vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1858