Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Esta alcaldía, por Decreto do 21-2-1997, resolveu aprobar definitivamente o proxecto de urbanización no lugar de Mirón-Bértoa, solicitado por Manuel Gómez Eiroa.

A dita resolución pon fin ás vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Carballo, 24 de febreiro de 1997,

Manuel Varela Rey

Alcalde

1695