Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997 pola que se anuncia poxa pública para o alleamento de locais comerciais, integrados nos grupos ou polígonos dos expedientes que se indican.

Anúnciase poxa pública para o alleamento, de conformidade co previsto no artigo 2 do Decreto 336/1992, do 26 de novembro, sobre normas de adxudicación de locais de negocio do Instituto Galego da Vivenda e Solo, dos locais comerciais existentes en Santiago de Compostela, integrados nos grupos ou polígonos de vivendas construídos ó abeiro dos expedientes que a continuación se relacionan, con expresión da súa numeración, situación, superficie aproximada e importe tipo.

Expediente: C-88/020.

Localidade: As Fontiñas-Santiago de Compostela (A Coruña).

Local número

Predio rexistral

Situación

planta-bloque-portal

Supreficie

construída

Importe

pesetas

1Baixa R-6.2. Único114,167.161.648

Expediente: C-92/020.

Localidade: As Fontiñas-Santiago de Compostela (A Coruña).

Local número

Predio rexistral

Situación

planta-bloque-portal

Supreficie

m útiles

Importe

pesetas

1Baixa R-8.6. Único e 7653.642.990

2Baixa R-8.6. Único e 7736.109.014

3Baixa R-8.6. Único e 7734.091.358

* Nota. O predio rexistral 2 ten como anexo un garaxe de 25 m e un rocho de 11 m, sinalado co número 46.

Expediente: C-92/030.

Localidade: As Fontiñas-Santiago de Compostela (A Coruña).

Local número

Predio rexistral

Situación

planta-bloque-portal

Supreficie

m útiles

Importe

pesetas

1Baixa R-9 I286,6217.719.503

2Baixa R-9 II75,604.237.078

3Baixa R-9 II724.035.312

4Baixa R-9 II170,6111.196.869

5Baixa R-9 III150,8110.067.542

6Baixa R-9 III1298.864.235

7Baixa R-9 IV285,0717.630.390

* Nota: os predios rexistrais que a continuación se indican, teñen como anexos os seguintes:

Predio 1. Garaxe nº 24 de 25 m e rocho nº 24 de 4,54 m.

Predio 4. Garaxe nº 16 de 25 m e rocho nº 16 de 4,17 m.

Predio 5. Garaxe nº 13 de 25 m e rocho nº 13 de 3,82 m.

Predio 6. Garaxe nº 14 de 25 m e rocho nº 14 de 4,16 m.

Predio 7. Garaxe nº 21 de 25 m e rocho nº 21 de 4,50 m.

A poxa rexerase polo prego de cláusulas administrativas aprobado por esta dirección xeral con data do 14 de decembro de 1995, que estará á disposición dos posibles licitadores no rexistro xeral dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O prazo de presentación das proposicións pecharase ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As propostas presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de 9 a 14 horas. Igualmente a documentación poderá presentarse por correo, de conformidade cos requisitos establecidos no Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

A poxa celebrarase en acto público no salón de actos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ás 10 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.

Os importes dos anuncios serán satisfeitos proporcionalmente polos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

1552