1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: subministración.
Descrición do obxecto: adquisición dunha carreta elevadora con destino ó porto pesqueiro de Cedeira.
División por lotes e número: non existen lotes.
Lugar de entrega: porto pesqueiro de Cedeira (A Coruña).
Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 3.500.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, nº 75, 15702 Santiago de Compostela; Telef. (981) 54 63 04), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela ), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.
Admisión de variantes: si.
8. Apertura das ofertas.
Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás dez trinta (10.30) horas do día no que se cumpran cinco días hábiles contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir este en sábado, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.
9. Gastos do anuncio.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.
Juan M. López García
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
1940