Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 002-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas; 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica, e 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa Gamesa, para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e, outorgamento de instalación eléctrica acollida ó réxime especial, da instalación do parque eólico Muras I coas seguintes características:

Peticionario: Grupo auxiliar metalúrgico, S.A. (Gamesa). R/ Arkaute nº 5; Vitoria-01192.

Situación: Concello de Muras (Lugo). Parroquias de Muras y Ambosores.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(603.000, 4.822.000); V(603.350, 4.819.500).

V(603.000, 4.818.500); V(604.00, 4.818.500).

V(604.000, 4.817.500); V(603.500, 4.817.310).

V(601.500, 4.819.500); V(601.500, 4.820.000).

V(602.000, 4.820.000); V(601.500, 4.822.000).

Características téncias principais: 40 aeroxeradores de potencia unitaria 600 kW cunha potencia total que se vai instalar de 24 MW. 40 transformadores de 630 kVA de potencia nominal unitaria, con liña eléctrica subterránea de media tensión interconectando os transformadores. Subestación eléctrica 20/132 kV equipada con un transformador de 30 MVA de potencia.

As persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las súas obxecións ou oposición a el, no prazo de 30 días, nesta delegación provincial na r/ Pascual Veiga 12-14, Lugo-27071 ou en calquera das formas e lugares recollidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 17 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1680