Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 46/1997, do 26 de febreiro, polo que se acordan as cesións do uso, a título gratuíto, de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias de Moaña, Mos e Crecente.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que

quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario.

Os concellos de Moaña, Mos e Crecente solicitaron a cesión de uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais e que pertenceron ás extintas cámaras agrarias locais.

Mediante o Decreto 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), desafectáronse do dominio público, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Moaña, Mos e Crecente.

Polas ordes da Consellería de Economía e Facenda, do 14 e 21 de xaneiro de 1997 (DOG nº 37, do 24 de febreiro) declarouse a alleabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da antedita consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións a título gratuíto que a continuación se relacionan:

1. A favor do Concello de Moaña: dereito de uso da predio urbano sito no barrio de Seara, termo municipal de Moaña, (Pontevedra), edificada nun soar de 250 m. Linda ó norte, estrada de carro e despois de Esperanza Villaverde; ó sur e ó leste, con terreo comunal e ó oeste, estrada de Cangas a Vilaboa, ramal ó peirao.

O dito ben inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, no tomo 407 do arquivo, libro 33 de Moaña, folio 183, predio nº 2449, inscrición 4ª.

2. A favor do Concello de Mos: dereito de uso do edificio de planta baixa cunha fronte de oito metros e de lado quince metros sesenta e cinco decímetros, cun total de cento vintecinco metros cadrados, construído sobre un terreo denominado Tras da Igrexa de Petelos, que ten unha superficie de cento oitenta e un metros cadrados e que linda ó norte, Elisardo Senlle, ó sur, Claudino Rodríguez; ó leste ou fronte, estrada de Vilacastín a Vigo. O edificio está composto de planta-soto, á que se entra por unha rampla pola esquerda do edificio; de planta baixa dedicada a almacén e de planta alta á que se accede pola escaleira sita á dereita da edificación dedicada a salón de actos e oficinas.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Redondela , no tomo 274, libro 57 de Mos, folio 221, predio nº 7236, inscrición 5ª.

3. A favor do Concello de Crecente: dereito de uso da casa sinalada co número seis da rúa Solís Ruíz, na vila e termo municipal de Crecente (Pontevedra), cunha superficie construída de trescentos oitenta e cinco metros cadrados e que se compón de semisoto, planta baixa, planta alta e terraza. O semisoto ten 120 m de superficie e está destinado a almacén; a planta baixa de 120 m componse de salón de actos, arquivo e oficinas; a planta alta de 120 m destínase a vivenda e componse de sala de estar, comedor, baño, cociña e catro habitacións e unha terraza de 25 m. Linda ó norte e ó noroeste, resaídos e casa chamada Do casino de Sara Valeije; ó sur, Guillermina Estévez; ó leste, rúa de Solís Ruíz e ó oeste, rúa de Mon e Landa e estrada da Cañiza a Pousa.

O dito ben inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 298, libro 82 de Crecente, folio 19, predio nº 7373, inscrición 4ª.

Artigo 2º

As cesións de uso relacionadas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) O fin da cesión será a dedicación do inmoble a fins e servicios de interese xeral agrario.

b) A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde o outorgamento da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario en anterioridade ó vencemento do período anterior, quedando excluída a tácita reconducción.

c) Se ó dereito cedido non se aplicase o fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, ou se incumprisen calquera das outras cláusulas, considerarase resolta a cesión e o dereito reverterá á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do Regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

d) Serán por conta do cesionario:

-Os gastos de conservación e mantemento do inmoble do que se cede o uso.

-Os gastos polos servicios con que conte o inmoble que se individualicen mediante aparellos contadores.

-As cotas dos tributos que poidan grava-lo inmoble.

e) As obras de adaptación, reparación e mellora do inmoble, que serán por conta da entidade cesionaria, requirirán a presentación do proxecto e a súa

aprobación pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. En todo caso, as cantidades investidas quedarán en beneficio do inmoble e, en ningún caso, poderán ser reembolsadas pola Comunidade Autónoma de Galicia, propietaria do inmoble.

f) O cesionario subscribirá unha póliza, da que será beneficiaria a Comunidade Autónoma de Galicia, que cubra os danos do inmoble do que se cede o uso, así como a responsabilidade civil por posibles danos a terceiros.

Artigo 3º

As devanditas cesións de uso formalizaranse mediante escritura pública subscrita pola Secretaría Xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón no presente decreto.

Santiago de Compostela, vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

1705