Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de febreiro de 1997 pola que se integra a determinados funcionarios da Xunta de Galicia na escala técnica de finanzas.

Finalizado o curso para a integración na escala técnica de finanzas establecido no artigo 2 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro, desenvolvido pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 21 de outubro de 1996, e convocado por Orde do 22 de outubro de 1996, e corrección de erros, publicada no DOG nº 223, do 14 de novembro de 1996; cómpre proceder á integración na escala técnica de finanzas dos/as funcionarios/as que superaron o dito curso, logo da comunicación da dita consellería.

De conformidade co artigo 7 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro, que establece que a integración prevista na dita norma finalizará mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, logo da comunicación da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan integrados na escala técnica de finanzas, segundo consta no anexo desta orde, os funcionarios da Xunta de Galicia sinalados nel, por considerarse cumprido o establecido no artigo 2 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro.

Artigo 2º

A xefatura de persoal do centro ó que estea adscrito/a o/a funcionario/a consignará nos seus títulos administrativos a correspondente dilixencia, unha copia da cal se lle remitirá á Dirección Xeral da Función Pública e outra á Inspección Xeral de Servicios.

Artigo 3º

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110, 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Curso artigo 1 Orde do 21 de outubro de 1996

DNIApelidos e nomeEspecialidade

32.413.017Fero Gómez, CarmenTécnica de xestión tributaria

32.430.207Galiana Galán, José IgnacioTécnica de contabilidade e intervención

34.900.764González Diéguez. Mª DoloresTécnica de contabilidade e intervención

32.427.553López García, CarlosTécnica de contabilidade e intervención

76.516.485Mene Paz, EloyTécnica de contabilidade e intervención

33.813.749Muinelo Grueira, JaimeTécnica de xestión tributaria

5.361.237Saez Madrid, DoloresTécnica de contabilidade e intervención

33.802.777Vilariño Regal, Juan RamónTécnica de contabilidade e intervención

34.594.602Casas Suárez, FelicidadTécnica de contabilidade e intervención

34.910.608Osorio Ferreiro, FranciscoTécnica de xestión tributaria

33.171.790Pombo Grille, JulioTécnica de xestión tributaria

1740