Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 14.1 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana A Parda.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 17 de febreiro de 1997 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da unidade de execución 14.1 do vixente PXOU-A Parda, formulado, mediante iniciativa particular, pola totalidade dos particulares e entidades mercantís propietarias dos terreos que conforman a unidade e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Carlos Álvarez Tranche, visado polo seu colexio profesional o 22-10-1996, dispoñéndose e seu sometemento a información pública.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na unidade de fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 21 de febreiro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

1841