Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

EDICTO.

Esta alcaldía, mediante resolución do día da data, en uso das facultades concedidas no apartado m) do artigo 21.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual da ordenanza 12ª do plan parcial do polígono industrial das Gándaras, á que se lle dá nova redacción, regulando en tres apartados os usos industriais; compatibles co industrial; e os usos prohibidos.

A indicada resolución, co seu expediente, sométese a información pública quedando de manifesto na secretaría deste concello, tódolos días laborais de 9 a 14 horas, durante o prazo dun mes, contados a partir da publicación do derradeiro anuncio que se publique no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Todo isto para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións ou reclamacións contra a indicada resolución.

O Porriño, 10 de febreiro de 1997.

José Manuel Barros González

Alcalde