Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.275

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, dos tribunais número 1 e 2 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), polo que se fixa a data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 11 do mes en curso polos tribunais nº 1 e 2, designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria:

1. Celebra-lo terceiro exercicio, consistente na traducción dun texto do castelán para o galego e doutro do galego para o castelán, da fase de oposición o día 20 de marzo de 1997, ás 18.30 horas, nos salóns de actos grande e pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, Santiago de Compostela), en chamamento único.

2. Convocar ó citado terceiro exercicio a tódolos opositores que superasen o segundo da fase de oposición.

3. Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Os opositores deberán ir provistos de DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1997.

Pablo Figueroa DorregoDomingo Bello Janeiro

Presidente del tribunal nº 1Presidente del tribunal nº 2

1794