Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 31 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Hilario Pereira Pereira, con último enderezo coñecido en r/ Cruz, nº 11, Lugo, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe dun millón catrocentas cincuenta mil setecentas setenta e dúas pesetas (1.450.772 ptas.) en concepto de pagamento indebido de axuda periódica por enfermidade, segundo expediente remitido pola Dirección Xeral de Servicios Sociais, e realizada a presente notificación, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

Reclamación econónomico-administrativa perante o Tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1997.

Miguel Ángel Sainero Caballero

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

1445