Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.233

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (120/1996).

Por providencia desta data, dictada por José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, no xuízo verbal de faltas número 120/1996, que se segue por coaccións, cítase a Pilar Paz de Río, para que o vindeiro día 14 de marzo ás 13 horas, compareza na sala de audiencias número catro, correspondente a este xulgado, situada na primeira planta do edificio dos xulgados, rúa Viena, 1-3, polígono das Fontiñas desta cidade, co fin de asistir á vista do devandito xuízo, en calidade de denunciada, apercibíndoa de que se non o verifica sen unha causa xusta que alegar, poderá ser multada de conformidade coa lei e recaerán sobre ela os prexuízos óa que haxa lugar en dereito. Se é parte no procedemento poderá asistir acompañada de letrado e deberá acudir cos medios de proba dos que intente valerse. A presente cédula de citación expídese para que así conste e lle sirva de citación en forma a Pilar Paz del Río, actualmente en

paradoiro descoñecido en Santiago de Compostela o cinco de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1729