Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1997, da Delagación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4639 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Tablicia, S.A., Nadela (Lugo).

Finalidade: instalación dun sistema de coxeración na fábrica de taboleiro aglomerado.

Características: anteproxecto da central de coxeración, motor de 2x3.620 kW de potencia; combustible: gas natural/propano; xerador potencia 2x3.536 kW; trafos potencia: 2x4,5 mVA 6/20 kV.

Orzamento: 471.231.550 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións consideren oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 13 de febreiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-1472