Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- da asistencia técnica de clave MT/SC/97.2.

a)Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para a edición e presentación da memoria de tráfico da rede de estacións de aforamento de vehículos da Xunta de Galicia.

Clave: MT/SC/97.2.

Orzamento: nove millóns oitocentas corenta e dúas mil duascentas cincuenta e dúas pesetas (9.842.252).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financieira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas, ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo III, subgrupo 8.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata. A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións

As proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviaranse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

1620