Orzamento máximo: 229.261.500 pesetas, IVE excluído, por aplicación do artigo 22.4º da Lei 37/1992, do 28 de decembro.
Prazo de execución: do 1-6-1997 ata o 31-5-1998: doce meses.
Fianza provisional: 4.585.230 pesetas.
Fianza definitiva: 9.170.460 pesetas.
Forma de tramitación: ordinaria.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo cen do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presenta-los licitadores:
No sobre da documentación xeral, a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.
No sobre de proposición económica, a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
No sobre das referencias técnicas, a establecida na cláusula 8.5 do prego de cláusulas administrativas.
Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 9, categoría D.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a
partir do seguinte ó de peche do prazo de presentación de proposicións.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de proposicións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa Algalia de Arriba, nº 31, Santiago de Compostela.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1997.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral para a Protección Civil
e o Medio Ambiente
1424