Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas na rúa da Torre.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 096/77.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas na rúa da Torre.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 24.971.277 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 499.426 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentacións de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 6, categoría b.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio en el Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó dia hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (Oferta Económica e Documentación Administrativa) e o seguinte lema: Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas na rúa da Torre.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de decembro de 1996

P.D.

O alcalde

Rubricado

1262