Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de febreiro de 1997 pola que se lles notifican ós interesados as resolucións acordadas nos expedientes de desafiuzamento 4/1996 e seis máis, por resultaren descoñecidos os seus domicilios.

De conformidade co disposto no artigo 54.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial, cos datos relacionados no anexo, a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, recaída no procedemento de desafiuzamento tramitado por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, ó abeiro do disposto no artigo 30 apartado 6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e do artigo 138 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Ás devanditas vivendas élles de aplicación o réxime legal de uso, conservación, aproveitamento e sancionador regulado na normativa de vivendas de protección oficial.

Vista a proposta de resolución da delegación provincial, resultando probado o abandono da vivenda por parte do seu titular e o incumprimento das obrigas inherentes á cualidade de beneficiarios dunha VPO de promoción pública, acordouse a resolución de pleno dereito dos contratos outorgados entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 4/1996.

Adxudicatario: Carlos Calvo Romero.

Último domicilio coñecido: polígono de Esteiro, bloque 1, portal 2-4º B Ferrol (C-81/050 Viv. 30).

Data da resolución: 11 de febreiro de 1997.

Nº expediente de desafiuzamento: 5/1996.

Adxudicatario: Salvador Fernández Pouso.

Último domicilio coñecido: polígono de Caranza, UV 5, bloque 21, portal 1, baixo, Esqda., Ferrol. (C-2-CD/68 Viv. 1609).

Data da resolución: 11 de febreiro de 1997.

Nº expediente de desafiuzamento: 6/1996.

Adxudicatario: José Galán Casado.

Último domicilio coñecido: polígono de Caranza UV 5, bloque 28-1º A, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 1855).

Data da resolución: 11 de febreiro de 1997.

Nº expediente de desafiuzamento: 19/1995.

Adxudicatario: Aquilino Paredes Loureiro.

Último domicilio coñecido: polígono de Caranza UV 5, bloque 27, portal 4-4º D, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 1826).

Data da resolución: 11 de febreiro de 1997.

Nº expediente de desafiuzamento: 41/1995.

Adxudicatario: Mercedes García Vázquez.

Último domicilio coñecido: polígono de Caranza UV 5, bloque 24, portal 2 - 1º D, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 1716).

Data da resolución: 11 de febreiro de 1997.

Nº expediente de desafiuzamento: 47/1995.

Adxudicatario: Leonardo Iglesias Martínez.

Último domicilio coñecido: polígono de Caranza UV 4, bloque 18, portal 3 - 1º I, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 1455).

Data da resolución: 11 de febreiro de 1997.

Nº expediente de desafiuzamento: 52/1995.

Adxudicatario: Mercedes Codesido Noval.

Último domicilio coñecido: polígono de Caranza UV 3, bloque 11-10º C, Ferrol (C-2-CD/68 Viv. 842).

Data da resolución: 11 de febreiro de 1997.

1372