Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38. 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. a C.T. Via-C.T. A Toxa-C.T. Vila Cruz.
Situación: O Grove.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 44 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 1.840 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Graña-Conricado ata o C.T. Vía en tramo aéreo e desde este pasando polo C.T. A Toxa e C.T. Canteiras ata o C.T. Vila Cruz en tramo subterráneo, concello do Grove.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en
tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1292