Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997 pola que se convoca concurso público para a adquisición de equipamento para a ampliación da Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, dependente desta consellería (expediente 5797).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 5797.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento para a ampliación da Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela.

b) Lugar de entrega: Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo.

c) Prazo de entrega: 1 mes desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 45.000.0000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n, Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: (981) 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nueva, 19, Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Fecha límite de presentación: 21 de abril ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 24 de abril a partir das 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1541