Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde

do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para tramitación, control e seguimento dos expedientes de determinación do canon de saneamento.

Adxudicatario: Ingeniería de Vertidos, S.L.

Orzamento: 17.942.163 ptas.

-Asistencia técnica para redacción do proxecto de abastecemento de auga na marxe dereita da ría de Arousa, 2ª fase.

Adxudicatario: ICEACSA.

Orzamento: 9.806.306 ptas.

-Asistencia técnica para elaboración dos traballos previos do proxecto do encoro de Acheiro. (Laracha-A Coruña).

Adxudicatario: (UTE) Yacu, S.L. e Ikaur, S.L.

Orzamento: 14.250.000 ptas.

-Abastecemento e saneamento a núcleos do municipio de Vilamarín-fase dous. (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Caramés.

Orzamento: 43.200.000 ptas.

-Abastecemento a Barral, Noallo de Abaixo e Santo Estevo. (Castrelo de Miño-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones y obras Savur, S.L.

Orzamento: 34.287.461 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13 -12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1561