Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.981

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de xornalismo, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a Daniel Francisco Martí Pellón (praza 14/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 9 de febreiro de 1996 (BOE do 7 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de xornalismo, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a prol de Daniel Francisco Martí Pellón, DNI nº 50.294.927, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Daniel Francisco martí Pellón profesor titular de universidade da área de coñecemento de xornalismo, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspodente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 13 de febreiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1334