En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Provincial de Productores de Carne y Leche de A Coruña, que teñen os seguintes ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: productores de carne e leite.
Asinan a acta de constitución: Víctor Cuns Ferradás e dúas persoas máis.
Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 4 de febreiro de 1997.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
1327