Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan de A Coruña.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Olga Muiña Fernández (secretaria) e José Debén García (presidente).

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 4 de febreiro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

1324