Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/360-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace polígono Torneiros e reforma C.T.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 509 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 92 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 16 das liñas 13.23 e 13.24 Atios-Puxeiros ata o C.T. existente do polígono de Torneiros, o tramo aéreo, e desde o apoio 4 da liña que se proxecta ata o C.T. do polígono de Torneiros, en tramo subterráneo, concello do Porriño. Reforma C.T. polígono de Torneiros cun conxunto de celas compactas SF6.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1245