Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/304-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. grupo escolar-Cercio.

Situación: concello de Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 24 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Belpello-Montouto rematando no C.T. que se proxecta en grupo escolar Cercio, concello de Lalin. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1231